viernes, 6 de septiembre de 2013

Actividades semana del 09/09/13 al 15/09/13

MATERIAL PARA A DOCENCIA / APRENDIZAXE DA MATERIA: Web do espazo web do docente da materia co material para a docencia / aprendizaxe da materia.

INTRODUCIÓN: A guía docente da materia. As guías dos diferentes temas da materia. Características intrínsecas da materia contextualizadas no curso académico. O proceso profesional da tradución (fases e ferramentas informáticas -hardware e software- asociadas). A xestión de proxectos, ferramentas telemáticas e traballo colaborativo no ámbito da informática aplicada á traducción [precísase dun nome de usuario/a e dunha contrasinal que será facilitada polo docente da materia].

TRABALLO "NON-PRESENCIAL" A REALIZAR POLO ALUMNADO POLA SÚA CONTA:
  1. Verificar que tes unha conta en "alumnos.uvigo.es" para poder conectar coa rede wifi da UVigo. Básicamente: i) Si tes a Tarxeta Universitaria (NIU) e non coñeces cal é a túa conta de "alumnos.uvigo.es", podes obter o teu "login" e a túa "contrasinal" [aquí]; ii) Si non tes a Tarxeta Universitaria (NIU) podes solicitala [aquí]; iii) e, finalmente, si tes a Tarxeta Universitaria (NIU) pero non estás seguro/a de cal é o seu NIU, podes consultalo [aquí]; ou si non estás seguro/a da súa contrasinal podes consultala [aquí].
  2. Consultar todos os apartados da páxina web "INTRODUCIÓN" que non poidas ver na clase de maneira presencial.
  3.  Abrir unha conta en "Gmail" segundo os parámetros estabrecidos no apartado 5.2.1) da "Encomenda nº1 da Práctica nº 1" (que veremos nas próximas clases): "Crea unha conta de correo (non importa si xa tes unha) en Gmail. O formato obrigado da túa nova conta de Gmail ten que ser: "primeira letra do teu nome" + "primer apelido teu completo" + "primeira letra do teu segundo apelido" + "2013" (as letras e os nomes escritos ''á inglesa'). Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'José Miño Suárez', a túa conta de Gmail podería ser "jminhos2013@gmail.com". No hipotético caso de que Gmail non che permita a túa conta proposta (p.e., "jminhos2013") engade algún carácter (p.e. a primeira letra do teu segundo apelido) antes do '2013' (p.e., "jminhosu2013")" [Debes facelo tú na túa casa pola túa conta porque de facelo todos á vez na Aula Informática Newton-17 o sistema daría un error por "abuso do servizo de Gmail"].
  4. Abrir unha conta en "Dropbox" segundo os parámetros estabrecidos no apartado 5.2.2) da "Encomenda nº1 da Práctica nº 1" (que veremos nas próximas clases): "Crea unha conta (non importa si xa tes unha) en Dropbox, que tes que crear asociándola obrigatoriamente á túa conta de Gmail creada no apartado anterior, e comparte co cliente o acceso ao teu arquivo comprimido." [Debes facelo tú na túa casa pola túa conta porque a túa conta de Dropbox vaiche servir, entre otras cousas, para gardar as "copias de seguridade das túas prácticas" dende o primeiro día].

No hay comentarios:

Publicar un comentario